Isto é o que di Saniy Gülser Corat, directora da división para a igualdade de xénero da Unesco nunha entrevista de Esther Paniagua para El País Retina.
Algo que xa sabíamos é que a tecnoloxía non é sexista en si mesma, senón que simplemente reproduce os valores e sesgos das persoas e sociedades que a crean, por iso, cando se crean programas intelixentes orientados a servizos empréganse maioritariamente voces de muller, mentres que se o programa ten o obxectivo de guiar ou dar instrucións as voces son maioritariamente masculinas.
Queredes outro exemplo? Os anuncios en liña personalizados con ofertas de postos de traballo importantes e ben pagados chegan principalmente a homes.
Que podemos facer para revertir esta tendencia sexista da tecnoloxía? A resposta non creo que vos sorprenda, xa a temos escoitado (e repetido) moitas veces:
- Impulsar a diversidade e a inclusión na industria tecnolóxica.
- Cambio de enfoque nos sistemas educativos, evitando disuadir ás rapazas das carreiras tecnolóxicas.
- Escoitar aos usuarios, saber como se sinten e que pensan (tamén o 50% feminino).
Podedes ler a entrevista completa aquí.